Ante o aumento da demanda de solicitudes de nenos e nenas con necesidades especiais de alimentación, establécense unha serie de pautas de funcionamento (revisadas pola dirección do centro e aprobadas en Consello Escolar) para mellorar o servizo ofertado e intentar responder ás dúbidas e problemas que surxiron en cursos anteriores:
- A solicitude de algún tipo de rexime especial de alimentación deberá ir sempre acompañado do correspondente informe médico.
- Esta poderá cancelarse e modificarse ao longo do curso mais sempre cunha semana de antelación como mínimo.
- O seguimento da evolución dunha alerxia ou intolerancia deberá facerse na propia casa, deixando para o comedor escolar os alimentos perfectamente testados e probados.
- Recordar que a inxesta calórica que recibe un neno no servicio escolar supon entre o 10 e o 15% da inxesta calórica total anual, polo que a meirande responsabilidade alimentaria vai estar na casa.
- O servizo intentará modificar na medida do posible o mínimo necesario o menú xeral, facendo sobre este as adaptacións necesarias.
- A ANPA intentará facer chegar aos pais e nais a semana última de mes o menú específico de cada neno para revisalo antes de iniciar o mes.
- Cando se entregue na ANPA o impreso referente ós alimentos non tolerados ou a unhas pautas concretas de alimentación, deberá ser o máis claro e conciso posible (evitando por exemplo menús contraditorios de médicos distintos).
- Cada pai ou nai deberá entregar na ANPA a medicación que debe aplicarse en caso de intoxicación alimentaria e estar pendente da súa caducidade. En caso de sospeita de intoxicación, algún responsable da ANPA poñerase en contacto coa familia implicada para consensuar a orde de actuación (previa chamada ao 112 en caso de emerxencia)
- A ANPA convocará a unha reunión ó inicio do curso entre os pais e nais e o responsable da cociña para presentarse e resolver as dúbidas que se poidan ter relativas ó funcionamento da mesma.
- Calquera suxestión, aviso ou crítica referido a unha dieta deberá facerse na coordinación ou á persoa encargada da supervisión do comedor da ANPA para intentar darlle unha pronta solución. Si esta depende exclusivamente do servizo, farase unha petición ou queixa conxunta entre o pai ou nai e a ANPA.