ASAMBLEA XERAL CURSO 2016/2017
LUGAR: Comedor CEIP Valle-Inclán.
HORA: 16:15 (segunda convocatoria).
ASISTENTES: 77 ó inicio.
DIRECTIVA ANPA: Manuel Muñiz, Eva Candales, Carlos Aymerich,
Monserrat Díaz.
INVITADO: Guillermo Reis (Presidente saínte)
MONITORES: Manola Vázquez, Luís Areal.
Previo ó comezo da asemblea notificase a composición da directiva do ANPA e os cargos da mesma que serán os seguintes :
Presidente : Manuel Muñiz
Secretaria : Montserrat Díaz
Vogales: Eva Candales e Carlos Aymerich
1-LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA DA ASAMBLEA ANTERIOR (documento adxunto 1).
Solicítase a corrección do número de asistentes (13 en vez de 43).
Apróbase por asentimento.
2- APROBACIÓN CONTAS MES DE XUÑO 2016 (documento adxunto 2).
Guillermo (responsable de contas curso 2015/2016) procede a dar as explicacións pertinentes sobre o estado de contas e a lectura do mesmo.
Ante a pregunta sobre a débeda pendente do curso 2015/16: Informase que se agarda cubrir cubrir a débeda coa subvención xa concedida pero aínda non abonada por parte da Xunta de Galicia. Unha vez aclaradas as dubidas apróbase por asentimento.
3 -APROBACIÓN DE PREZOS DOS DISTINTOS SERVIZOS OFERTADOS POLA ANPA.
Proponse prezo de:
– 10 euros por actividade, con pago mensual e ratio mínima de 12 nenos/monitor e actividade.
-20 euros por dúas actividades.
-30 euros por tres ou máis actividades.
-20 euros por SERVICIO DE MADRUGADORES. Segundo irmán será de 10 euros.
– CUOTA SOCIO ANPA: 30 euros anuais, incluído no primeiro recibo do ano.
– Servizo de comedor 5 días semanas 93€, resto de días pendente de cálculo e notificara se antes de pasalo primeiro recibo.
– Descontos de 10% para segundo irmán en actividades e comedor.
O pago das actividades será mensual, en un recibo conxunto cós outros servizos (comedor, madrugadores e cuota de ANPA no caso do primeiro recibo).
Preguntas respecto de facturación e combinación das actividades, explicándose que os prezos se calcularon con relación a 10 meses de duración e facturación.
Estímase unha marxe ata primeiros de Outubro para confirmar as actividades que cumpran ratio, e polo tanto se manteñan.
Apróbase por asentimento.
4-INFORME DE XESTIÓN.
Infórmase das xestións de solicitude de subencións de Xunta e Concello para as actividades nos cursos previos e para este curso 2016/2017 (concedidas, denegadas e pendentes de resposta).
5 – CURSO 2016/2017:
-ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:
Expón Manola as características das actividades, e resposta as preguntas sobre monitores e horarios.
– COMEDOR:
Expón o presidente o compromiso da Consellería de completar a obra no seguinte orzamento, así como os plans de reorganización.
Infantil se trasladará ó novo espazo, con mesas quentes.
Intentarase axustar os turnos de modo que se realice o servizo nun único turno.
6- RÉXIME DE FUNCIONAMENTO.
ENTRADA E SAÍDA :
Recollida dos nenos.
En coordinación coa dirección do Centro, proponse un control máis intenso do acceso, de xeito que se establecen dúas quendas de recollida:
15:15
15:45
Abrirase un prazo de recollida de 5 minutos en cada quenda. As familias terán que notificar a quenda de recollida dos seus fillos no primeiro turno. En caso de non notificar, entenderase que corresponde o segundo turno de recollida.
A entrega de Educación Infantil farase na aula de usos múltiples.
A entrega de Primaria farase no patio cuberto do bloque de Primaria.
7- ROGOS E PREGUNTAS.
Solicítase a convocatoria dunha Asemblea para tratar o tema do uniforme, para someter a votación as posibles opcións.
8 – APROBACIÓN DA ACTA DA ASAMBLEA.
Faise lectura previa da acta da asemblea e apróbase a mesma.
Perillo, 14 de Setembro 2016.
A Secretaria da Anpa O Presidente da Anpa
Asdo.: Montserrat Díaz Asdo.: Manuel Muñiz