Estimadas familias!

 

En primeiro lugar, desexar que todas estedes ben de saude,  que cos tempos que estamos a vivir xa é moito, poñerme tamén,  tano eu coma toda o equipa de Servizos Socias e Igualdade,  a vosa disposición se o necesitásedes.

 

En segundo lugar como xa é habitual nos últimos anos achégovos a información para que poidades darlle difusión entre tódalas familias dos vosos centros, da  nova programción de Familias Inquedas.  No contexto actual é difícil poder desenvolver unha actividade presencial con garantías, tanto de seguridade como de continuidade; por iso artellamos a posibilidade de facelo online, coas mesmas características que en edicións anteriores: dinámicas e participativas, con moito humor, pero a distancia.

 

Se  a educación, a convivencia e a comunicación eran aspectos fundamentais na crianza das nosas fillas e fillos, na actualidade  sonno aínda mais. O entorno producido polo COVID 19 puxo o noso mundo, as nosas relacións, os nosos proxectos e o noso día a día “patas arriba”

 

Por iso queremos facer nestes obradoiros unha reflexión conxunta sobre estes novos escenarios e adquirir ferramentas e extratexias para afrontalos, fomentando o desenvolvemento emocional, así como a comunicación sana, fluida e honesta, para poder seguir acompañando e apoiando no crecemento integral das nosas crianzas.

 

Seguimos apostando pola educación consciente que apoia e permite medrar, tanto a adultos como a menores, nunha boa convivencia na que o diálogo estea sempre presente. E para isto contamos con profesionais e especialistas de prestixio nestas materias, con ampla experiencia e recoñecidas nos seus ámbitos.

 

O Obradoiro “Educa Bonito” será impartido por María Soto, unha das referencias a nivel nacional da metodoloxía Disciplina Positiva e autora do libro “Educa Bonito”, recentemente publicado e con moi boas críticas tanto por familias como por docentes.

 

O Obradoiro “Acompañando na adolescencia” será impartido por Sara Vierna e Virginia Pañeda, de Almas Meraki, duas educadoras con ampla experiencia en traballar con adolescentes e familias, tanto temas de igualdade como de sexualidade e novas tecnoloxías.

 

O proceso de solicitude de praza ábrese o luns 2 de novembro como vos comentaba anteriormente, serán dous obradoiros de 16 horas, divididos cada un deles en 8 sesións de dúas horas cada unha, en formato online co fin de garantir tanto o seu correcto desenvolvemento, como a posibilidade de que poidan participar persoas que non poideron acudir en edicións anteriores por problemas de desprazamento.

 

  • Obradoiro “Educa Bonito” dirixido a familias con menores de 0 a 10 anos de idade. As datas son o 9, 11, 16, 18, 23, 25 e 30 de novembro e 2 de decembro, en horario de 18:00 a 20:00 horas.

 

  • Obradoiro “Acompañando emocionalmente á adolescencia” dirixido a familias con menores de 11 a 17 anos de idade. As datas son o 17, 19, 24 e 26 de novembro e o 1, 3, 10 e 15 de decembro, en horario de 19:00 a 21:00 horas.

 

As inscricións serán a través da sede electrónica na web municipal www.oleiros.org, no apartado cidadáns e empresas/tramites online, a partir do luns 2 de novembro ás 10:00 h e ata o mércores 4 de novembro ás 23:00 h.

 

O número de prazas é limitado, 20 prazas (individuais), que se asignarán por rigurosa orde de inscrición, tendo preferencias as persoas que non desenvolveran esta actividade en anos anteriores.

 

Os requisitos, ademáis do empadroamento no Concello de Oleiros, son dispoñer dun ordenador ou tablet, con micrófono e cámara; unha conexión a internet e un espazo para poder participar na actividade de forma tranquila o tempo que dure a sesión.

 

Quedámos a vosa disposición como xa vos comentei antes para calquera cuestión que nos queirades trasladar.

 

Recibide unha afectuosa aperta

 

Belén Taboada Casal

Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade