Bo día.

O Concello de Oleiros está a organizar coa Cruz Vermella unhas xornadas sobre medidas preventivas e de protección fronte ao COVID, cuxa planificación se detalla no documento que se achega.

Serían os venres 216 e 23 de outubro, en horario de 17 a 19 horas no auditorio de A Fábrica.

O aforo máximo, tendo en conta as restriccións sanitarias, é de 84 persoas, que deberán acudir con máscara e respectar as medidas de prevención do COVID (distancia, hixiene de mans…)

A anotación a charla iráse facendo por orde de solicitude ata agotar aforo. Podedes reservar a data que mellor se adapte a vosa disponibilidade enviando un correo electrónico a ANPA (valleinclananpa@gmail.com) indicando o nome completo da persoa interesada e data.

Pregamos enviedes a solicitude o antes posible. Recolleremos solicitudes ata o 9 de outubro.

Saúdos.