Charla aberta:

“TODO POR UN LIKE”

A influencia de internet e as redes sociais na educación emocional, afectiva e sexual na infancia e na adolescencia

Xoves, 9 de maio

20:00 h

Auditorio da Fábrica

Santa Cristina

 

O próximo xoves 9 de maio, ás 20:00 h, no auditorio do Centro Cultural A Fábrica en Santa Cristina haberá unha charla co título “Todo por un like” na que se falará sobre a influencia que teñen internet e as redes sociais na educación emocional, afectiva e sexual nas etapas da infancia e da adolescencia.

Fai tempo que a educación e a formación dos nosos fillos e fillas non se restrinxe únicamente ao entorno familiar e o centro educativo, a irrupción nas últimas décadas das novas tecnoloxías e o acceso a internet a través de numerosos dispositivos provoca que estes medios sexan hoxe en día un potente axente educativo nas etapas da infancia e na adolescencia.

Coñecer a influencia que teñen nos menores, os comportamentos que derivan do seu uso indiscriminado e sen criterio e, sobre todo, a necesidade dun acompañamento por parte das familias serán algún dos obxectivos desta charla.

Coñeceremos que hai detrás de moitos dos comportamentos que observamos hoxe en día nos nenos e nenas e, posteriormente, na adolescencia, unha etapa da vida á que se chega cada vez antes de tempo.

Para falar sobre todo isto nada mellor que da man de dúas especialistas na educación emocional, en redes sociais e no traballo con menores e adolescentes: Sara Vierna e Virginia Pañeda, integrantes de Almas Meraki.

Esta charla enmárcase dentro do Programa Familias Inquedas, un conxunto de actividades dirixidas ás familias de Oleiros con menores para apoialas, acompañalas e orientalas na educación e crianza dos seus fillos e fillas.

 

Ver en pantalla completa