As actividades de fútbol e patinaxe quedan suspendidas polo seguinte aviso da Xunta de Galicia. O alumnado será reubicado noutras actividades.

Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h no noroeste da provincia da Coruña e a Mariña de Lugo hoxe luns e martes

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará hoxe, luns día 13.01.2020 ás 21.00 horas e prolongarase ata as 24:00 horas do martes 14.01.2020. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica do noroeste da Coruña e a Mariña de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
  2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
  3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.