REUNIÓN XEFATURA TERRITORIAL DE EDUCACIÓN
DATA: 3/10/16
ASISTENTES:
XEFATURA: Indalecio Cabana
DIRECCIÓN C.E.I.P. VALLE INCLÁN: María Jesús Fraga
REPRESENTANTES da ANPA: Manuel Muñiz, Montserrat Díaz
Os temas tratados na reunión son,
COMEDOR:
Estímase o remate e entrega da obra na semana corrente, estando pendente a entrega da dotación de mobiliario solicitada pola dirección nos pasados días. A solicitude foi feita con carácter de urxencia para 200 postos de comedor.
Comprométese por parte da Xefatura a entrega do mobiliario á maior brevidade, có obxectivo da posta en funcionamento da nova instalación o luns día 10 de Outubro.
Solicítase por parte da ANPA a colocación de alguna toma eléctrica a maiores das instaladas, para poder situar equipamento necesario, ó que accede a Xefatura.
En canto á continuación da obra pendente (ampliación completa de comedor), a Xefatura estima o inicio da obra a final do curso actual, prevendo a realización una vez finalizadas as clases. Mantense o compromiso expresado con anterioridade de acometer o resto da obra de modo que poida estar disponible ó inicio do curso 2017/18. Solicítase por parte da ANPA a participación no proceso no momento de redacción do proxecto, para poder coordinar as necesidades de instalacións e espacios necesarios para cociña e servicios auxiliares, ó que acceden os representantes da Xefatura (estimando o inicio no vindeiro ano).
HABILITACIÓN do PISO SUPERIOR da obra do COMEDOR
Seguindo có plan previsto, indícase por parte da Xefatura que posiblemente, e con cargo ós orzamentos de 2017, poderase abordar ademáis do remate da ampliación do comedor, a habilitación do espacio superior xerado coa obra como sala de actividades ou aulas.
TRANSPORTE ESCOLAR:
A dirección do centro plantea as necesidades respecto das rutas 3 e 1. Queda pendente de estudio a solución por parte da Xefatura.
REPARACIÓNS NOS EDIFICIOS
A Dirección indica as deficiencias no tellado do EDIFICIO B, con revestimento de tella en mal estado, que ocasiona pingueiras no interior, e no pavimento do EDIFICIO A, con losetas levantadas en algún punto.
A Xefatura propón o traslado das necesidades de mantemento ordinario ó Concello, e acepta realizar a inspección do tellado por parte dos técnicos que revisarán nos vindeiros días a obra do comedor, para valorar o tipo e dimensión das reparacións precisas.

 

CONSULTAS sobre UNIFORME
Maniféstase que non é competencia da Inspección, dado o carácter público do centro e a voluntariedade do uso do uniforme.
A Coruña, 3 Outubro 2016
Montserrat Díaz(Secretaria ANPA) Manuel Muñiz (Presidente ANPA)

 

 

reunion-xefatura-territorial-de-educacion

A día de hoxe 5 de outubro de 2016 estamos pendentes de resposta da Xefatura Territorial sobre o mobiliario para o novo comedor, en canto teñamos resposta será publicada na web.

Un saúdo