Contactamos con vostedes para informalles do procedemento que imos a seguir para regularizar os pagos dos servizos contratados con esta ANPA que non puderon ser prestados con motivo da crise sanitaria provocado polo COVID-19.

Mediante un email, vostedes recibirán unha táboa amosando a información do saldo ó seu favor con esta ANPA, que se descontará no seguinte recibo que se emita con motivo dos servizos prestados pola Asociación no vindeiro curso.                                                                                               

IMPORTANTE:

No caso de que non querá descontar dito importe do vindeiro recibo do próximo curso escolar, envíe un email a valleinclananpa@gmail.com con asunto “Devolución pendente Marzo  APELIDOS NOME ALUMNO/A” e a ANPA realizará una transferencia* a mesma conta onde tivo o cargo no pasado mes de marzo do 2020.

*Descontáranse do importe final 0.50€ por gastos de transferencia.

Se atopa algún erro, póñase en contacto con nós por correo electrónico: valleinclananpa@gmail.com

O alumnado de 6º de Educación Primaria que non continúe no centro escolar para o vindeiro curso, recibirá unha transferencia ó seu favor na mesma conta na que se lle cargou o recibo correspondente ó mes de marzo.

 

Reciban un saúdo.