Queridas familias,
Queremos informarlles sobre a situación de reserva das prazas de comedor para o vindeiro curso 2020-2021.
Debido ao estado de alarma sanitaria actual e as futuras medidas relativas aos comedores escolares, cabe a posibilidade de que o comezo do vindeiro curso non contemos co actual número de prazas do comedor, polo que no caso de que non poidamos comezar o servizo co número de prazas actuáis e a demanda de prazas sexa superior a oferta, aplicaránse os criterios establecidos para a asignación de prazas reflexado na normativa interna do comedor.

Esta preinscripción non garantiza praza para o vindeiro curso, dependendo da normativa que apliquen os organismos competentes resultará o número de prazas definitivo.

Prazo de preinscrición para o ALUMNADO QUE XA UTILIZOU O SERVIZO DE COMEDOR no curso escolar 2020-2021:

Do 11 de maio ás 14:00h. (Data de remate se determinar, pedente do nº prazas próx curso)

NON É NECESARIO volver a dar a orde de domiciliación bancaria sempre e cando se corresponda coa facilitada no curso 2019-2020.

No caso de que haxa algún tipo de modificación nos datos bancarios, contacte a través do email valleinclananpa@gmail.com indicando no asunto «Cambio orde de domiciliación» e contactaremos con vós.

Prazo de inscrición para o alumnado de NOVO INGRESO no centro escolar e ALUMNADO QUE NON UTILIZOU ESTE SERVIZO NO CURSO 2019-2020.

Tanto de 4º de Educación Infantil (novo ingreso) como de outros cursos así como tamén alumnado que estivo matriculado no centro escolar no curso 2018-2019 pero non utilizou este servizo:

Do 20 de xuño ás 14:00h. ao 30 de xuño ás 18:00h.

É OBRIGATORIO asinar a ORDE DE DOMICILIACIÓN BANCARIA, polo que debido a situación actual, informaráse do prazo para acudir a oficina da ANPA a entregar dita documentación

IMPORTANTE:
– AS FAMILIAS QUE TEÑEN QUE DAR A ORDE DE DOMICILIACIÓN BANCARIA E NON O FAGAN EN PRAZO CAUSARÍAN BAIXA DO LISTADO DEFINITIVO E POLO TANTO NON SERÍAN USUARIAS/OS DE COMEDOR NO CURSO 2020 – 2021.

– TODAS AS INSCRICIÓNS QUE SE FAGAN ANTES DAS DATAS ESTABLECIDAS ESTARÁN FÓRA DE PRAZO E POLO TANTO NON SE ADMITIRÁN.

 

Pinche aqui para realizar la preinscricción