O Concello de Oleiros e a Fundación INGADA, a través do convenio subscrito entre ambos,  organizan uns obradoiros para facilitar o coñecemento sobre o TDAH e as súas repercusións na aprendizaxe.

Por esta razón vos achegamos os diferentes carteis adaptados a cada nivel de ensinanza e un específico para familias:

-Intervención pedagóxica con alumnado de infantil- dirixido a docentes de educación infantil, terá lugar o mércores 24 de abril ás 16.30 h no Castelo de Santa Cruz.

-Intervención pedagóxica con alumnado de primaria- dirixido a docentes de educación primaria, terá lugar o xoves 25 de abril ás 16.30 h no Castelo de Santa Cruz.

-Abordaxe do TDAH desde a familia- dirixida a familias en xeral, terá lugar o mércores 24 de abril ás 19.00 h no Castelo de Santa Cruz.

-Intervención pedagóxica con alumnado de secundaria- dirixo a docentes de educación secundaria, xoves 25 de abril ás 18:45 h no Castelo de Santa Cruz.

Para as inscricións ou consulta de dúbidas podedes contactar a través do correo electrónico info@fundacioningada.net<mailto:info@fundacioningada.net>. Na inscrición é necesario mandar o email co nome e apelidos do/a participante.

O límite de prazas en cada un dos cursos será de 35 persoas.

Ver en pantalla completa