O Museo Os Oleiros abre hoxe o prazo de inscrición para o obradoiro que ten preparado con motivo do San Martiño.

Trátase dunha actividade, dirixida tanto a nenos como adultos, na que os participantes crearán uns asadores de chourizos moi especiais!

A actividade ten unha duración de tres xornadas, o 9, 16 e 23 de novembro, con dúas quendas:

–          De 10:30 a 12:00 h

–          De 12:30 a 14:00 h

(cun máximo de 15 persoas por grupo)

Para ter máis información sobre a actividade así coma para formalizar as inscricións deben dirixirse ao Museo Os Oleiros, (Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, Avda. Emilia Pardo Bazán 17, porto de Santa Cruz, 15179 Liáns), no teléfono 981 626 692 ou no correo electrónico museos@oleiros.org ou a.justo@oleiros.org