O Museo Os Oleiros abre hoxe o prazo de inscrición para o Obradoiro de Nadal 2018.

Trátase dunha actividade, dirixida tanto a nenos como adultos, na que os participantes aprenderán a facer pezas para iluminar as longas noites de inverno: lámpadas, candís, palmatorias, etc.

A actividade ten unha duración de tres xornadas, o 27 e 28 de decembro e o 3 de xaneiro, con dúas quendas:

–          De 10:30 a 12:00 h

–          De 12:30 a 14:00 h

(máximo de 15 persoas por grupo)

Para ter máis información sobre a actividade así coma para formalizar as inscricións deben dirixirse ao Museo Os Oleiros, (Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, Avda. Emilia Pardo Bazán 17, porto de Santa Cruz, 15179 Liáns), no teléfono 981 626 692 ou no correo electrónico museos@oleiros.org ou a.justo@oleiros.org

 

Grazas e un saúdo,