O Museo Os Oleiros abre hoxe o prazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro de Entroido.

Trátase dunha actividade dirixida a todos os públicos na que os participantes crearán as súas propias cornetas ou bucinas para facer barullo nestas festas; do mesmo xeito que se facían nas olerías galegas de Buño e Bonxe.

A actividade ten unha duración de tres xornadas, 16 e 23 de febreiro e 2 de marzo, con dúas quendas:

–          De 10:30 a 12:00 h

–          De 12:30 a 14:00 h

(máximo de 15 persoas por grupo)

Para ter máis información sobre a actividade así coma para formalizar as inscricións deben dirixirse ao Museo Os Oleiros, (Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, Avda. Emilia Pardo Bazán 17, porto de Santa Cruz, 15179 Liáns), no teléfono 981 626 692 ou no correo electrónico museos@oleiros.org ou a.justo@oleiros.org