NOTA COMEDOR

A partir do día 6 de marzo poremos en marcha o acordado e aprobado a principios de curso na Asemblea Xeral, sobre as quendas de recollida do alumnado que se queda ao comedor escolar. Até o de agora non se puido levar a cabo xa que careciamos do mobiliario necesario para evitar quendas de comida. O pasado 25 de xaneiro grazas á colaboración dunha familia, xa que a Consellería non puxo os medios necesarios para facer ese transporte nin o Concello de Oleiros quixo colaborar nesta tarefa, trouxéronse as mesas e cadeiras que faltaban e a partir desta data o alumnado puido empezar a comer sen esperas.

 

Importante: notificar ou ben por correo electrónico (valleinclananpa@gmail.com) ou na propia oficina da ANPA antes do día 3 de marzo en que horario pasaredes a recoller ás vosas fillas e fillos. Tedes dúas opcións:

– Ás 15:15h.

ou

– Ás 15:45h.

A porta estará aberta 10 minutos para que dea tempo suficiente a recoller ás nenas e nenos, despois deses horarios permanecerá pechada.

Todo o alumnado entregarase en man para evitar problemas, por iso é importante que notifiquedes o horario para que o monitorado teña a cada grupo onde corresponde.

 

Zonas de recollida:

Educación Infantil: onde se colocan na fila para entrar pola mañá. Zona cuberta onde está o comedor novo.

Educación Primaria: patio cuberto do Edificio onde están as aulas de 3º a 6º de Educación Primaria, secretaria, dirección…

 

Para recollidas de modo puntual por asistencia ao médico ou outras urxencias que se poidan presentar debedes chamar por teléfono, 616135634 – 881965903, para que se vos abra a porta e así poder acceder ao recinto escolar.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración e un saúdo.

 

nota comedor