Normativa interna servizo de comedor curso 2020-2021

Normativa interna comedor

       Horarios

  • O servizo de comedor abrangue o espazo entre as 14:00h. e as 16:00h., excepto Educación Infantil que comezará 20 minutos antes.
  • Só se entregara os nenos/as fóra do horario de recollida por causas extraordinarias e xustificadas previo aviso na ANPA.
  • A ANPA só se responsabilizará dos nenos/as que estean apuntados ao servizo do comedor no horario establecido e non se permitirá a permanencia das familias ou titores/as no recinto escolar.
  • Ningún neno ou nena pode saír do recinto só, ten que facelo sempre acompañado dun adulto. O alumnado de 5º e 6º (sempre que vivan preto do colexio) terán que pedir autorización á dirección do centro para marchar andando sos para casa e entregar na ANPA unha autorización paterna

   Cobro

  • Farase por domiciliación bancaria, na primeira semana de cada mes.
  • O importe establecerase na primeira reunión da ANPA por consenso.
  • O cobro dependerá dos días solicitados á semana, quedando do seguinte xeito para o curso 2019/20 (Provisionalmente a espera da asemblea de fin de curso):
    5 días: 96,40€
    4 días: 80,82€
    3 días: 62,15€
    2 días: 45,62€
    1 día: 22,86€
    Días soltos sendo usuaria/o de comedor: 6,10€
    Días soltos non sendo usuarias/os de comedor pero si socias/os da ANPA: 6,90€.
  • Cada recibo devolto irá co sobrecargo correspondente.(9€/recibo devolto)

IMPORTANTE:

– TODAS AS INSCRICIÓNS QUE SE FAGAN ANTES DAS DATAS ESTABLECIDAS ESTARÁN FÓRA DE PRAZO E POLO TANTO NON SE ADMITIRÁN.