NORMATIVA INTERNA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES  

NORMATIVA INTERNA SERVIZO DE ACTIVIDADES CURSO 2016/17

  1. Horarios
  • Cada neno/a deberá estar dende 5´antes do inicio da actividade ata 5´despois do remate. Deberá evitar acudir fóra deses horarios.
  • O fin da actividade será ás 16:55h. ou ás 17:55h.

 

  1. Organización xeral
  • A indumentaria do neno/a será acorde á actividade: deportiva e sen complementos que molesten no caso das opcións deportivas.
  • A ANPA só se fará responsable das notas que recibades co seu logo corporativo.
  • Todas as competicións deportivas serán avisadas na mesma semana cunha nota informativa ou da maneira que se acorde previamente.
  • Ningún titor/a poderá estar presente no transcurso dunha actividade. Se por algún motivo quere dar un aviso a un rapaz/a ou quere recollelo antes de tempo terá que pasar previamente pola oficina da ANPA.
  • A ANPA recorda que non se debe acudir con ningún xoguete nin aparato electrónico ás actividades, non se facendo en ningún caso responsable do seu extravío nin dos estragos que puidese sufrir.
  • Se calquera usuario/a estivese descontento co desenvolvemento das actividades ou vise algo que non lle agrada, estaríamos moi agradecidos de que o puxese en coñecemento da coordinadora para buscarlle unha posible solución.
  • Dinámica e recollida/entrega dos nenos/as:
  • Os nenos/as entregaranse e recolleranse no patio cuberto habilitado:
  • Infantil: patio cuberto do edificio de E. Infantil na fila na que se sinala que é para as actividades de E. Infantil.
  • Primaria: patio cuberto do edificio de E. Infantil (ao lado do patio de infantil).
  • A zona ubicada entre o portalón e a porta do centro debe estar despexada.
  • As familias entrarán dentro do recinto escolar a recoller os nenos/as.
  • Ningún neno/a pode saír só do centro sen autorización escrita.
  • A entrega dos rapaces de Educación Infantil farase de xeito individual e só a familiares autorizados.

 

  1. Seguridade
  • Non haberá un control estrito sobre a asistencia dos nenos ás actividades, pero estaríamos moi agradecidos se avisades das faltas (sobre todo as prolongadas).
  • Calquera accidente extraordinario que se produza será notificado pola coordinación aos pais e nais afectados, tomándose as decisións de actuación necesarias.
  • A ANPA conta cun seguro privado de accidentes ao dispor de todas as familias que será utilizado con autorización previa.