O Museo Os Oleiros abre hoxe o prazo de inscrición para o “MAGOSTO no Museo Os Oleiros”.

Trátase dun obradoiro no que os participantes aprenderá a facer asadores de castañas, da man do oleiro Aparico Añón de Buño, e que, ao final da actividade, teremos que probar!.

A actividade vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 13, 20 e 27 de outubro, con dúas quendas:

–          De 10:30 a 12:00 h

–          De 12:30 a 14:00 h

(cun máximo de 15 persoas por grupo)

Para ter máis información sobre a actividade así coma para formalizar as inscricións deben dirixirse ao Museo Os Oleiros, (Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, Avda. Emilia Pardo Bazán 17, porto de Santa Cruz, 15179 Liáns), no teléfono 981 626 692 ou no correo electrónico museos@oleiros.org ou a.justo@oleiros.org