A Anpa do CEIP Valle-Inclán convidavos este venres 6 de novembro, a partir das 16:00 horas, ao tradicional Magosto de Outono.
A partir das 16:15 no pabillón haberá xogos populares para Primaria e no ximnasio de Iudo xogos para Infantil (os nenos deste grupo deberán vir acompañados de un adulto). Sobre as 17 horas será o turno dunha actuación de animación por parte dun “clown” para todos os nenos
Para rematar a festa, o alumnado de 6º de Primaria estará presente cos seus exquisitos doces e merendolas caseiras variadas, que podedes mercar a bo precio e axudar na recadación de fondos para a súa excursión de fin de curso.
Animádevos! Agardamos a vosa participación!

 

Circular Magosto 2015