Madrugadores

NORMATIVA MADRUGADORES

 

  1. Horario: 07:45 – 08:45h. Rógase non entregar aos nenos/as despois das 08:45h. posto que a esa hora dispoñémonos a recoller para dirixirnos cos nenos/as ás súas respectivas aulas.
  2. O pai/nai ou titor-a debe entregar ao seu/súa fillo/a no comedor do colexio (lugar habilitado para este servizo) ao monitorado do servizo de madrugadores.
  3. O alumnado de 3º ata 6º de E. Primaria irá acompañado polo monitorado ata o patio cuberto do edificio de Educación Primaria ás 08:55h e esperará ata que todo o alumnado que ten baixo a súa responsabilidade entre no edificio.
  4. O alumnado de E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria ás 08:55h. irá acompañado polo monitorado ata usos múltiples (edificio de E. Infantil) e unha vez alí xa van coas profesoras correspondentes ás súas aulas.
  5. Durante o servizo de madrugadores o alumnado ten a posibilidade de ver unha película, ler, estudar, debuxar e pintar. Disponse de todo este material no propio espazo do servizo de madrugadores.
  6. Todos os/as nenos/as poden traer das súas casas películas para ver durante o tempo do servizo de madrugadores sempre e cando sexan autorizadas para todos os públicos.
  7. Se durante o tempo do servizo de madrugadores un neno ou unha nena quere ir ao baño irá acompañada polo monitorado.
  8. O servizo de madrugadores non é un servizo de almorzo polo tanto está PROHIBIDO comer ou beber nada durante o tempo que abrangue dito servizo.
  9. Todas as persoas poderán facer uso deste servizo aínda que sexa de forma esporádica. O prezo por día é de 5 euros/día.

prezo-madrugadores

Formulario de inscrición