Invitación á VII xornada solidaria 5 coruña futbol sala
Escribímosvos para dirixirnos a vós coa intención de convidarvos a compartir unha tarde de futbol sala cos vosos nenos e nenas do cole.
Palacio dos deportes de riazor –  sábado 29 decembro 2018
Como cada ano por nadal o club 5 coruña fútbol sala pretende unha vez máis tentar colaborar e estar máis preto dos mais desfavorecidos.
Na medida do posible e dentro das nosas posibilidades, queremos facer aos mais pequenos participes dos valores de solidariedade e deportividade.
Para este labor poñemos en marcha unha xornada de futbol sala e actividades deportivas de carácter totalmente solidario, para que os nenos e nenas que practican o noso deporte, poidan participar dunha tarde divertida, ao mesmo tempo que axudan a outros nenos que tamén o necesitan.
Esta xornada non pretende en ningun momento premiar aos campións nin ter un carácter competitivo, senón que debemos facer ver aos mais mozos que cun pequeno xesto poden lograr grandes sorrisos.
1)cando? / onde? Sábado 29 de decembro en horario de 16:00 a 20:30 horas palacio dos deportes de riazor
2)actividade: partidos simultáneos en 4 pistas de 20×20 , 5 vs5 diferentes postas de tarefas técnicas e actividades deportivas talleres de manualidades para os mais pequenos
3)categorías:
– iniciación (4 e 5 anos)
– prebenjamin (6 e 7 anos)
– benjamín (8 e 9 anos)
– alevin mixto (10 e 11 anos)
– infantil feminino (12 anos)
– infantil masculino (12 anos) 2 lineas de colaboración:
1) cada neno ou nena participante entregará un xoguete para que “ cáritas coruña” reparta na súa campaña de nadal e reis.
2) cada adulto que acuda ao palacio dos deportes de riazor ao torneo deberá achegar para entrar un quilo de comida e todo o recolleito entregarase a “ cáritas coruña”.
Data tope inscrición: o número de prazas de equipos é limitado.
Seguiremos unha rigorosa orde de inscrición ata o xoves 27 de decembro 2018 ou completar prazas.