Estimadas familias, poñémonos en contacto con vos para informarvos de como imos proceder coa facturación dos vindeiros meses nos servizos levados a cabo por esta  ANPA.

 

No caso dos servizos de mañanceiros e actividades extraescolares , se o período sen servizo é de 15 días cobrarase a metade do seu coste, se o período fose superior e a incorporación ó colexio fose a mediados de abril non se faría cargo algún dado que xa estarían pagados no mes de marzo

 

No caso do comedor e diferente, dado que o custo mensual do comedor está calculado no total de días lectivos do curso. Por iso as familias pagan sempre a mesma cantidade todos os meses. Polo que dependendo dos número de días que non desfruten do servizo de comedor en marzo, serán descontados no seguinte recibo.

 

Aquelas familias que teñan algunha consulta particular poden poñerse en contacto a través do e-mail: valleinclananpa@gmail.com e intentaremos resolvelas o antes posible.

 

Por último pedirvos comprensión e paciencia en todo este proceso que temos que vivir nestes días, seguindo as indicacións das autoridades pertinentes, para que entre todos podamos voltar canto antes a normalidade.