Funcionamiento Pais e Nais NORMATIVA INTERNA SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2016-2017

Servizo Comedor

SERVIZO PREZO
COMEDOR EUROS/MES
5 DÍAS/SEMANA 93€
4 DÍAS/SEMANA 78€
3 DÍAS/SEMANA 60€
2 DÍAS/SEMANA 42€
1 DÍA/SEMANA 22€
Prezo comedor 1 día solto sendo usuaria/o de comedor: 5,25€/día

Prezo comedor 1 día solto non sendo usuaria/ de comedor: 6€/día

10% DESCONTO SEGUNDO E SEGUINTES IRMÁNS

Enlace entre o horario escolar e o extraescolar.

  • Inclúe a comida e o coidado do alumnado por parte do monitorado dentro do horario establecido:
  • Horario do servizo:
  • Educación Infantil: de 13:45 a 16:00h.
  • Educación Primaria: de 14:00 a 16:00h.
  • Horario de recollida: Establécense dúas quendas. 1) De 15:15 a 15:20h. 2) De 15:45 a 16:00h. O alumnado de E. Infantil entregarase en usos múltiples e o alumnado de E. Primaria no patio cuberto do edificio de E. Primaria (de 3º a 6º). En fronte ao pavillón. O resto do tempo a porta permanecerá pechada. As familias terán que avisar en que quenda pasarán a recoller ás súas fillas ou fillos.
  • Calendario: dende o primeiro día lectivo ate o último, ámbolos dous incluídos.
  • Inscrición: cubrindo o formulario online dispoñible na web da ANPA (apavalleinclan.es) ou pasando pola oficina da ANPA en horario de 14:00 a 18:00h.
  1. Outros:

Ademais do anterior, puntualmente ofrécense actividades extraordinarias das que se vos avisará con suficiente antelación:

  • Acampada interna de fin de semana.
  • Festa de magosto, entroido e fin de curso.
  • Campamento “Disfruta e Aprende” durante o mes de xullo.


NORMATIVA INTERNA SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2016-2017

  • O servizo de comedor abrangue o espazo entre as 14:00 e as 16:00h, excepto Educación Infantil que comezará 15 minutos antes. Ata o de agora o grupo de 4º a 6º de E. Primaria comezan a xantar ás 14:00, mentres que o grupo de 1º a 3º de E. Primaria fano ás 14:35-14:40h.
  • O horario de recollida. Establécense dúas quendas. 1) De 15:15 a 15:20h. 2) De 15:45 a 16:00h. O alumnado de E. Infantil entregarase en usos múltiples e o alumnado de E. Primaria no patio cuberto do edificio de E. Primaria (de 3º a 6º). En fronte ao pavillón. O resto do tempo a porta permanecerá pechada. As familias terán que avisar en que quenda pasarán a recoller ás súas fillas ou fillos.
  • Só se entregara os nenos/as fóra do horario de recollida por causas extraordinarias e xustificadas previo aviso na ANPA.
  • A ANPA só se responsabilizará do alumnado que utilice o servizo de comedor no horario establecido e non se permitirá a permanencia dos pais, nais ou titores/as no recinto escolar.
  • Ningún neno ou nena pode saír do recinto só, ten que facelo sempre acompañado dun adulto. Se nalgún momento ao alumnado o pasa a recoller algunha persoa non habitual as familias teñen que notificalo á ANPA dando a súa autorización.
  • O alumnado de terceiro ciclo terá que pedir autorización á dirección do centro para marchar andando só para casa e entregar na ANPA unha autorización paterna.
  1. Material:
  • Todos os nenos e nenas teñen que ter un neceser co seu nome escrito nun sitio visible con cepillo, pasta de dentes, unha toalliña e un vasiño.
–  O alumnado de Educación Infantil, ademais do punto anterior teñen que traer un mandilón.

O alumnado de 3 anos tamén terán que traer unha caixa de zapatos pequena co seu nome e cunha muda no seu interior.

  1. Espazos:
  • Ademais do espazo físico de comedor os nenos e nenas, no tempo de lecer, utilizarán os patios exteriores e o pavillón cando o tempo non acompañe.
  • Educación Infantil utilizará a área de xogos situada ao outro lado da entrada do colexio e o “usos múltiples” e a aula de vídeo cando chova.
  1. Aspectos organizativos:
  • Nin o monitorado nin a ANPA se farán responsables da perda ou estragos en xoguetes particulares, polo que se aconsella que non os traian a fin de evitar conflitos innecesarios.
  • Os avisos de baixas ou cambios na rutina habitual (quedar un día a maiores, aviso de falta…) cumprirán os seguintes requisitos:
    • Faranse sempre cun mínimo dun día de antelación (antes das 17:30 da tarde), a través do teléfono, do correo ordinario ou do correo electrónico.
    • O aviso de cambio darase tamén á profesora correspondente a través dunha nota escrita.
  • As baixas avisadas descontaranse na facturación se son dunha semana completa. Exemplo: se unha nena se queda a comer os cinco días ten que faltar os cinco días seguidos para facer o desconto. Se unha nena se queda a comer dous días á semana ten que faltar os dous días para efectuarse ese desconto. De non ser así non hai desconto.
  • Está a disposición dos usuarios solicitar para un día ou para unha tempada comer “dieta branda” ou algún tipo de réxime. Para comunicalo haberá que facelo cun día de antelación na propia ANPA, en madrugadores ou a través do correo electrónico.
  • O monitorado e a coordinadora estarán dispoñibles, dentro dos horarios de recollida, para preguntar polos fillos e fillas, ou para calquera dúbida ou queixa que teñan os pais e nais, ademais do correo electrónico, do teléfono e do buzón da ANPA.
  • Os nenos e nenas, salvo prescrición médica, deberán comer prato e medio da comida servida.
  1. Cobro
  • O importe establécese na primeira Asemblea Xeral da ANPA por consenso.
  • Farase por domiciliación bancaria na primeira semana de cada mes.
  • Cada recibo devolto irá cun sobrecargo de 9 euros.

 

Formulario de inscrición aquí