INSCRICION E NORMATIVA INTERNA SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2017-2018

NORMATIVA INTERNA SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2017/18

  1. Horarios:
  • O servizo de comedor abrangue o espazo entre as 14:00h. e as 16:00h., excepto Educación Infantil que comezará 20 minutos antes.
  • O horario de recollida é de 15:15h. a 15:30h. e de 15:45h. a 16:00h. (As familias teñen que colaborar nesta medida). Dentro destes horarios haberá unha persoa na porta controlando as saídas.
  • Só se entregara os nenos/as fóra do horario de recollida por causas extraordinarias e xustificadas previo aviso na ANPA.
  • A ANPA só se responsabilizará dos nenos/as que estean apuntados ao servizo do comedor no horario establecido e non se permitirá a permanencia das familias ou titores/as no recinto escolar.
  • Ningún neno ou nena pode saír do recinto só, ten que facelo sempre acompañado dun adulto. O alumnado de 5º e 6º (sempre que vivan preto do colexio) terán que pedir autorización á dirección do centro para marchar andando sos para casa e entregar na ANPA unha autorización paterna.
  1. Material:
  • Todos os nenos e nenas teñen que ter un neceser co seu nome escrito nun sitio visible con cepillo e pasta de dentes.
*Os nenos/as de Educación Infantil, ademais do punto anterior terán que traer un mandilón e unha toalliña de mans. As nenas e nenos de 4º E. Infantil terán que traer unha caixa de zapatos pequena cunha etiqueta da cor da clase co seu nome nun lateral e dentro  unha muda limpa.  

 

  1. Espazos:
  • Ademais do espazo físico de comedor os nenos e nenas, no tempo de lecer, utilizarán os patios exteriores e o pavillón cando o tempo non acompañe.
  • Educación Infantil utilizará a área de xogos situada ao outro lado da entrada do colexio, “usos múltiples” e a aula de vídeo cando choiva.
  1. Aspectos organizativos:
  • Nin o monitorado nin a ANPA se farán responsables da perda ou estragos en xoguetes particulares, polo que se aconsella que non os traian a fin de evitar conflitos innecesarios.
  • Os avisos de baixas ou cambios na rutina habitual (quedar un día a maiores, aviso de falla…) cumprirán os seguintes requisitos:
    • Faranse sempre cun mínimo dun día de antelación (antes das 5:30 da tarde) e a través do teléfono, do correo ordinario ou do correo electrónico.
    • O aviso de cambio darase tamén á profesora correspondente a través dunha nota escrita.
  • As baixas avisadas que sexan dunha semana seguido ou máis devolveranse en man.
  • Está a disposición dos usuarios solicitar para un día (ou varios) comer “dieta branda” ou outro tipo de réxime. Na medida do posible haberá que notificalo cun día de antelación.
  • O monitorado e a coordinadora estarán dispoñibles, dentro dos horarios de recollida, para preguntar polos vosos fillos e fillas, ou para calquera dúbida ou queixa que teñan os pais e nais, ademais do correo electrónico, do teléfono e do buzón.
  • Os nenos e nenas, salvo prescrición médica, deberán comer prato e medio da comida servida.
  1. Cobro
  • Farase por domiciliación bancaria, na primeira semana de cada mes.
  • O importe establecerase na primeira reunión da ANPA por consenso.
  • O cobro dependerá dos días solicitados á semana, quedando do seguinte xeito para o curso 2017/18:
    5 días: 94,40€
    4 días: 79,20€
    3 días: 60,90€
    2 días: 42,70€
    1 día: 22,40€
    Días soltos sendo usuaria/o de comedor: 5,40€
    Días soltos non sendo usuarias/os de comedor pero si socias/os da ANPA: 6,10€.
  • Cada recibo devolto irá co sobrecargo correspondente.

6.- Inscrición:

  • Farase a través da páxina web da ANPA (www.apavalleinclan.es) entre o 18 de abril ás 14:00h.   ata o 2 de maio ás 18:00h.

Formulario de inscrición comedor curso 2017-18 aquí