- Están disponibles los formularios y procedimiento a seguir para la devolución de libros en la web del colegio (https://www.edu.xunta.gal/
centros/ ceipvalleinclanoleiros/). - Aquellas familias que no tengan ningún libro que devolver o donar y quieran anotarse en el Fondo de Libros del ANPA, pueden cubrir la solicitud y enviarla a nuestro email (valleinclananpa@gmail.com)
- El próximo curso 2020-2021 solamente tendremos en el ANPA libros de 4º y 6º de Primaria, debido a que los del resto de cursos cambian y no tendremos ejemplares para prestar.
- El reparto de libros para el curso 2020-2021 probablemente sea en septiembre. Se avisará por los cauces habituales de las fechas concretas.
- Os recordamos el «Decálogo del Intercambio de libros del ANPA Valle Inclán»
DECÁLOGO DO INTERCAMBIO
1.- O intercambio de libros é un acto totalmente voluntario e formarán parte todas as familias que doen os seus libros.
2.– Doar os libros da dereito a participar no intercambio, pero non garante que todo o mundo reciba os libros solicitados, xa que isto dependerá das existencias que haxa no fondo de libros. Ser socio ou socia da ANPA favorecerá no reparto.
3.– A final de curso recolleranse os libros prestados e as solicitudes para o curso seguinte, e no mes de setembro farase o reparto e a entrega física. Os alumnos que teñan materias para recuperación en setembro entregarán os libros das materias aprobadas en xuño e os libros das que quedan para setembro despois dos exames de setembro, antes de proceder ao reparto. As datas de recollida e entrega física publicaranse previamente na páxina web do centro no apartado da ANPA (novas) na seguinte ligazón: https://iesneiravilas.es/
4.- O alumno que envíe a outra persoa a recoller os seus libros, que non sexa a nai, o pai ou o titor legal, deberá de proporcionarlle unha autorización por escrito.
5.- Cando o alumno precise quedarse con algún libro ata a convocatoria do mes de setembro deberán de comunicarllo á ANPA. Farao persoalmente, ou no seu defecto os seus pais ou o seu titor legal, nas oficinas da ANPA a final de curso, cando devolva os libros que xa non precisa.
6.- Ningún alumno poderá prestar ningún libro do fondo nin a outro alumno, nin a outro membro da súa familia. O préstamo e persoal e intransferible. Os libros prestados deberán volver ao fondo da ANPA cada curso, para que se poida facer un reparto xusto.
7.- O alumno que non devolva algún libro, ou teña débedas pendentes coa ANPA, causará baixa na participación do intercambio.
8.- Os libros deben forrarse, indicarase o nome nunha “pegatina” na portada exterior, deben coidarse, e non deben pintarse nin con bolígrafo, nin rotulador, nin marcador fluorescente. Recordade que son de todos e que despois outro alumno fará uso deles.
9.- O alumno que non veña a recoller os libros que lle correspondan nas datas que se indican e non avise a ANPA a través do enderezo electrónico, ou de algún outro xeito, perderá o seu dereito a dispoñer deles.
10.- Calquera necesidade extraordinaria que non se axuste as normas descritas anteriormente, deberá solicitarse por escrito e estudarase por separado. Tratará de darselle solución en función dos medios dispoñibles, sen que vaian en detrimento dos demais usuarios.