O próximo venres día 13 de febreiro celebraremos a festa de entroido no noso centro. Será no horario habitual de actividades extraescolares (entre as 4 e as 6 da tarde), e haberá o tradicional desfile de entroido e unha boa merenda organizada polo alumnado de 6º curso con tómbola incluida.
Os alumnos/as que queiran participar no desfile deberán poñerse en contacto coa ANPA antes do mércores 11 para dar os seus datos.
Grazas e ata a festa!!carnaval 15