O próximo venres día 21 de febreiro celebraremos a festa de Entroido no noso centro. Será no horario habitual de actividades extraescolares (entre as 16:00 e as 18:00h.). Haberá o tradicional desfile de Entroido e unha boa merenda organizada polo alumnado de 6º curso.

O alumnado que queira participar deberá poñerse en contacto coa ANPA ou cubrir o formulario que está na páxina web (INSCRICIÓN DESFILE ENTROIDO 2020) do 13 ao 20 de febreiro para inscribirse no desfile.

O alumnado ten estar acompañado das súas familias, polo que rogamos recollan aos nenos/as as 16:00 h.