Sábado 22 de decembro ás 18:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
Elefante Elegante, presenta o espectáculo Patapatúm.
Sinopse: As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estruturante e desenvolver a súa creatividade. Por outra banda, pode acontecer que eses obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para dedicar aos seus fillos.
Autoría: María Torres e Gonçalo Guerreiro.
Dirección: María Torres, Gonçalo Guerreiro e Pablo Sánchez.
Elenco: Agustín Bolaños, María Torres e Gonçalo Guerreiro.
Xénero: teatro xestual.
Duración: 45 minutos.
Público: familiar, recomendado para nenos e nenas entre 3 e 8 anos.
Prezo: 2,50 euros.
As entradas poñeranse á venda a partir das 17:30 horas, ata completar a capacidade da sala.