Domingo 23 de decembro ás 18:30 horas

Auditorio Centro Cultural A Fábrica, de Perillo

 

Tanxarina presenta o espectáculo A Galiña Azul.

SinopseA galiña azul é un espectáculo que mestura monicreques e actores, baseado no conto homónimo de Carlos Casares. A galiña azul resulta unha convincente arma contra a inxustiza, unha clara defensa da diversidade. Fainos lembrar que aínda é posible loitar contra a homoxeneidade cando esta vén imposta, que formas alternativas de resistencia seguen existindo aínda que sexa pintando galiñas de azul e organizándose de xeito colectivo.

Autoría: Carlos Casares.

Dirección: Cándido Pazó.

Elenco: Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Río e Eduardo Rodríguez “Tatán”.

Xénero: Teatro / Monicreques.

Duración: 50 minutos.

Público: Familiar.

Prezo: 2,50 euros.

As entradas poñeranse á venda a partir das 17:30 horas, ata completar a capacidade da sala.