Achugamosvos a proposta que nos envía o concello para este fin de semana no auditorio Gabriel García Márquez de Mera:
Domingo 30 de setembro ás 12:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, Mera
Caramuxo Teatro, presenta o espectáculo Ela.
Sinopse: Ela é o novo proxecto de Caramuxo Teatro inspirado na obra e na figura de Maruxa Mallo. O punto de partida é o de crear un espectáculo que dea a coñecer e a homenaxear a unha das máis importantes mulleres representantes das vangardas artísticas a nivel internacional do seu momento. Ela crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo. Unha mestura de poesía, humor, teatro e danza onde descubrir o imaxinario desta muller excepcional. Un poema plástico para gozar en familia.
Dramaturxia e dirección: Caramuxo teatro / Laura Sarasola e Juan Rodríguez.
Elenco: Laura Sarasola, Juan Rodríguez e Suso Jalda.
Xénero: comedia.
Duración: 40 minutos.
Público: público familiar. Recomendado para nenos e nenas a partir de 4 anos.
Prezo: 2,50 euros.
As entradas poñeranse á venda a partir das 11:30 horas, ata completar a capacidade da sala.