Bos días,

Dende este colectivo, en representación das nais e pais do CEIP Valle Inclán de Perillo – Oleiros, gustaríanos transmitirlle a nosa preocupación pola problemática surxida novamente neste curso 2020-2021, debido á supresión dunha das dúas prazas de profesor de Audición e Linguaxe. No caso da nosa escola en concreto, esta reducción de profesorado afecta directamente a 33 alumnos, dos que moitos verán recortadas críticamente as horas de axuda semanais e outros moitos non poderán recibir ningunha en absoluto, horas que son, por outra banda, imprescindibles para a adecuada evolución educativa e persoal destes alumnos. Falamos neste caso de 33 rapaces como cifra obxetiva de perxudicados directamente, aínda que en realidade é moi posible que esta cantidade sexa superior debido ós nenos que aínda non foron valorados. Do mesmo xeito, esta reducción tamén afectará negativamente ó bo desenrolo das actividades educativas diarias.

Debido ó impacto significativo desta situación, solicitamos que se poida acadar unha solución a fin de evitar que os nenos queden sen a atención precisa de Audición e Linguaxe.

Dende a nosa ANPA somos conscientes, porque tamén somos parte directamente implicada e estamos facendo un gran esforzo para adaptarnos as necesidades que a situación da pandemia está ocasionando, pero non podemos deixar de lado un tema tan prioritario como este. Agardamos unha pronta comunicación pola súa parte que facilite a resolución deste problema no prazo máis breve posible.

Quedamos a súa disposición. Un cordial saúdo,

Directiva do CEIP Valle Inclán