Este próximo xoves 13 de Decembro, xogadores e técnicos do club 5 Coruña Fútbol sala  acudirán en horario de actividades extraescolares para participar nunha actividade lúdica cos nenos e nenas do colexio Valle Inclán dentro do programa de visitas a colexios englobado no proxecto «Deporte Solidario e Inclusivo»da Fundación Emalcsa.
O acto consistirá nunha charla cos xogadores e técnicos para fomentar a práctica deportiva e os hábitos saudables, así como unha serie de tarefas lúdicas cos participantes.
Realizarase en 2 quendas: De 16:00 a 17:00 horas e de 17:00 a 18:00 horas.