Desde a Consellería de Educación, a través da Rede de Formación, están a desenvolverse actividades dirixidas ás familias do alumnado con diversas temáticas e formatos.

Entre elas vai levarse a cabo o curso “Atención a urxencias sanitarias para familias” con dous obxectivos básicos:

– Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo da Consellería.
– Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten á saúde da Comunidade Educativa.

Para iso, e coa colaboración do 061, trataránse os seguintes contidos:

– Primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias no ámbito educativo: protocolos de actuación.
– Rexistro, xestión e notificación de urxencias sanitarias no ámbito educativo.

As datas concretas serán, 26-27-28 de novembro, en tres sesións de tres horas cada unha (de 17:30 a 20:30). O lugar de celebración será nas instalacións do CFR de A Coruña
A actividade é para nais e pais das familias do colexio.
As persoas que estean interesadas, envíen un correo no que indiquen o seu nome e apelidos, e datos de contacto (teléfono, correo electrónico) así como o nome do centro a: cfr.coruna.linguisticosocial2@edu.xunta.es, antes do vindeiro 19 de novembro.

A inscrición no curso será por orde de chegada ata cubrir o número de prazas (30).