Convocatoria de Axudas para a asistencia a comedores escolares para o curso 2020-2021

O Concello de Oleiros convoca un ano máis as axudas para asistencia a comedores escolares xestionados pola ANPAS dos centros de ensino público de Oleiros para o curso 2020 – 2021.

O importe total da convocatoria deste ano ascende a 50.000 euros, incrementándose en 13.500 euros respecto do curso pasado.
Poderán ser beneficiarios destas axudas os representantes legais de alumnos matriculados en ditos centros para o curso escolar 2020-2021.
Os interesados en solicitar esta axuda poden atopar toda a documentación relacionada (bases, convocatoria e formulario de inscrición) no apartado da Concellería de Ensino e Xuventude desta páxina web.
As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Centro Cultura “A Fábrica” (rúa do Inglés, núm. 13 – Perillo) dende o martes 25 de agosto ata o día 30 de setembro de 2020.