Convocatoria de Asemblea Extraordinaria da ANPA do CEIP “Valle Inclán”
Lugar: comedor do CEIP “Valle Inclán”.
Día: 23 de setembro de 2016.
Hora: 16:00 horas en primeira convocatoria, 16:15 horas en segunda.
Orde do día:
- Presentación da proposta de cambio de uniforme.
- Votación para o cambio de uniforme.
- Aprobación se procede da acta desta asemblea.
Pola presente tamén queremos recordarvos, tal e como xa quedou expresado na última reunión ordinaria do pasado 14 de setembro, que o medio principal de comunicación do ANPA é mediante a páxina web, xa que non podemos garantir a entrega por parte do alumnado dos diferentes comunicados que vos queremos enviar.
En Perillo, a 20 de setembro de 2016.