Xa está aquí o novo curso escolar e polo tanto querémosvos comunicar que tedes dende agora até a chegada do Nadal a posibilidade de asociarvos á ANPA do CEIP Valle Inclán e así formar parte, dar apoio e participar activamente no desenvolvemento de actividades e servizos propios (servizo de comedor, actividades extraescolares, excursións, campamento de verán, acampada…) que esta asociación sen ánimo de lucro ofrece ao longo do ano a todo alumnado do centro escolar. Ademais de todo isto, aquelas persoas socias recibiredes un desconto importante, en algún dos casos ata o 50% no custe das actividades e seredes preferentes á hora de inscribirvos en calquera dos servizos con restricións de prazas. Así mesmo, gozaredes dun seguro de accidentes nas actividades nas que sexades partícipes.

 

Alta socios 2016