Achegámosvos as conclusións da enquisa que se realizou para coñecer de primeira man a situación dos centros escolares en canto á información e posta en práctica dos protocolos en casos de covid.
Trasladamos á Consellería un escrito nestes mesmos termos, a ver se hai resposta, e tamén llo enviamos á prensa.
Rogamos, na medida que vos sexa posible, fagades difusión ás familias destas conclusións.
Moitas grazas pola vosa colaboración
Saúdos
Federación provincial de ANPAS