Bo día familias!

O Concello de Oleiros, con motivo do 8M, día da muller, organiza unha mesa redonda para falar sobre feminismo e os cambios e mobilizacións que se están a producir na sociedade

 

xoves, 7 de marzo, ás 20.00 h, no auditorio da Fábrica, na víspera da celebración do 8M Día da Muller, o Concello de Oleiros organiza unha mesa redonda titulada “Por un feminismo cotiá. Conversas entre feministas conscientes”

Nesta mesa redonda abordarase o concepto do feminismo e como o sinte cada unha das mulleres participantes, relatando as súas propias experiencias tanto no plano persoal como no profesional. Trátase dun relato cercano e próximo, no que tamén se analizará o que supuxo o 8M do ano pasado, os cambios que se percibiron na sociedade, no pensamento da xente, nas actitudes e comentarios na vida social e nos distintos ámbitos laboráis de cada unha das conversadoras.

Posteriormente haberá un espazo de diálogo coas persoas que acudan ao acto con fin de facilitar a participación e a expresión de quenes acudan.

Pensamos que pode ser interesante para as familias, as persoas que estamos educando ás xeracións vindeiras e que temos a responsabilidade de impulsar e promover todos estes cambios, co noso comportamento e as nosas verbas.

Neste encontro participarán mulleres, profesionais de distintos ámbitos, conscientes da súa situación como mulleres no mundo que as rodea e da súa loita polo feminismo e a igualdade de dereitos, tanto na súa vida laboral como persoal. Algunhas delas son veciñas de Oleiros e outras teñen implicación ou relación pola súa actividade, seguro que coñecedes a moitas delas.

Intervirán as seguintes mulleres:

  • Ana Pérez Romero, periodista da TVG, feminista consciente co obxectivo de dignificar os médicos de comunicación públicos.

  • Sara Vierna Fernández, educadora, especialista en xénero, redes sociais e adolescencia, unha das Almas Meraki

  • Tiffany López Gante, arquitecta e educadora artística con perspectiva de xénero e interracial que desenvolveu en distintos proxectos por Canadá, a India e Guinea. Forma parte do Colectivo Afrogalegas.

  • Mela Rey Naveira, traballadora social, feminista inqueda e cotidiá

A mesa estará moderada por Sabela Ramos Candedo, xestora cultural, directora da Escola de Teatro de Oleiros e membro do Consello da Mocidade de Oleiros.

 

Ver en pantalla completa