Boas tardes: 

Poñémonos en contacto con vós para comunicarvos que recibimos correctamente a inscrición para as actividades extraescolares para o curso 2016-2017. 

Tede en conta que pode haber modificacións se as actividades non cubren o mínimo de nenas e nenos inscritos por actividade, tal e como se acordou na Asemblea Xeral do día 14 do presente mes. 

IMPORTANTE: As/os representantes legais das nenas e nenos admitidos terán que pasarse pola ANPA para asinar a orde de domiciliación bancaria. Os días para facelo serán: 21, 22 e 23 de setembro de 14:00 a 18:00h. Sen este trámite causarían baixa do listado definitivo e polo tanto non participarían nas actividades neste curso 2016 – 2017.

As familias que xa fixeran o trámite de alta da domiciliación bancaria para o servizo de comedor xa non teñen que volver a facelo. 

Moitas grazas e un saúdo, 

A ANPA Valle Inclán. 

 

Aviso Actividades Extraescolares