Orde do día Asamblea Extraordinaria setembro 2019

LUGAR: Comedor CEIP Valle-Inclán.

DÍA: 05/09/2019

HORA: 19:15h. en 1ª convocatoria e 19:30h. en 2ª convocatoria.

 

 

 

Convócase Asamblea extraordinaria para informar ás familias do alumnado da situación respecto do estado e previsións de execución da obra do comedor comprometida pola Consellería.

 

Dado que non se executou nada a día de hoxe salvo unha apertura de zanxas, é necesario tomar decisións respecto das accións a executar por parte da ANPA.

 

Puntos da orde do día:

 

  • Exposición da falta de cumplimento do calendario comprometido para a execución da obra, coa pevisión actual de levar a cabo unha intervención de reforzo de cimentación e intervención estructural no edificio en período lectivo.

 

  • Falta de comunicación por parte da Consellería da existencia dun plan de seguridade que contemple a intervención durante un período lectivo, con nenos asistindo a clase no edificio.

 

  • Información sobre a problemática de garantir as condicións sanitarias axeitadas para manter o servizo de cociña e comedor en caso de non proceder a Consellería a adiar a obra ata un período non lectivo. Solicitude de Informe do servicio de Inspección Sanitaria.

 

  • Acordo de actuacións a levar a cabo.

 

 

Perillo, 3 de xuño 2019.

 

Ver en pantalla completa