Estimadas familias:

Dende a ANPA Arce e dende o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas queremos agradecer a colaboración das familias, e con especial atención do alumnado de 1ª da ESO, pola súa participación nun proxecto piloto de «Técnicas de Estudo» que se impartíu nas horas de titoría durante o pasado mes de novembro. Este obradoiro foi organizado por colaboración da ANPA Arce, que planificou e sufragou a actividade, co Departamento de Orientación.

A valoración do obtadoiro, tanto por parte do profesorado que implicado coma por parte do alumnado, foi moi positiva. Queremos facer partícipe á todos os membros da comunidade educativa desta experiencia, polo que convidamos ás familias do alumnado a unha charla informativa sobre técnicas de aprendizaxe, estratexias e recursos educativos, enfocada a aqueles aspectos máis relevantes para as familias do alumnado de ESO e bacharelato.

A charla «Aprendendo a estudar» impartirase o vindeiro xoves 20 ás 20:00 h no Salón de Actos do instituto.

Esperamos contar coa participacion do maior numero posible de familiares do alumnado.

Grazas pola atención e saúdos.

Ver en pantalla completa