Alta Socio/a ANPA

ALTA SOCIO ANPA VALLE INCLÁN CURSO 2017/18

Xa está aquí o novo curso escolar e polo tanto querémosvos comunicar que tedes dende agora até a chegada do Nadal a posibilidade de asociarvos á ANPA do CEIP Valle Inclán e así formar parte, dar apoio e participar activamente no desenvolvemento de actividades e servizos propios (servizo de comedor, actividades extraescolares, excursións, campamento de verán, acampada…) que esta asociación sen ánimo de lucro ofrece ao longo do ano a todo alumnado do centro escolar. Ademais de todo isto, aquelas persoas socias recibiredes un desconto importante, en algún dos casos ata o 50% no custe das actividades e seredes preferentes á hora de inscribirvos en calquera dos servizos con restricións de prazas. Así mesmo, gozaredes dun seguro de accidentes nas actividades nas que sexades partícipes.

O custe é de 30€ ao ano polo/a primeiro/a fillo/a e 5€ máis por cada irmá/n a maiores. Animádevos a asociarvos. Sairedes gañando e daredes apoio e participaredes activamente dun servizo da propia comunidade escolar do/a seu/súa fillo/a. Contamos con vós.

Nota: o alumnado que xa utilizan comedor, actividades ou madrugadores non teñen que cubrir esta folla