Dende a AGRUPACIÓN DEPORTIVA E CULTURAL AS MARIÑAS  e a ANPA VALLE INCLÁN, ofertámosvos a Actividade de Francés On Line.

O obxectivo principal é a familiarización con esta lingua, xa que na Educación Secundaria, polo xeral, ofertase o francés como 2º lingua estranxeira. A maiores, queremos lembrar que no caso de que a/o alumna/o vaia ó IES Xosé Neira Vilas, é moi importante que estea familiarizado co idioma,  xa que nese centro ofrécese  a  posibilidade de obter unha dobre  titulación de Bacharelato, esa titulación  denominase BACHIBAC e ten validez  tanto en España coma en Francia.

Non se trata de dar unha clase de francés “ó uso”, cun montón de teoría, pouca práctica e nada apetecible; o que se pretende é que o alumnado perda o medo a esta lingua, descoñecida para a maioría, facendo as clases moi atractivas a través  de  xogos e conversas cun rapaz novo que pasou  polo mesmo que eles  están a piques  de experimentar,  polo que será  impartida por un antigo alumno do centro que cursou e aprobou o BACHIBAC no Neira, chegando a obter unha titulación oficial con nivel C1 da Escola Oficial de Idiomas.

A primeira vez que se impartiron estas clases tiveron unha moi boa acollida entre os rapaces e foron  moi ben valoradas polo profesorado do IES Neira Vilas, polo que estimamos que é unha boa opción formativa.

Os  cursos serán Online, é necesario que os usuarios, dispoñan dun computador, e conexión a internet.

Os criterios de admisión son os seguintes:
1) Alumnado de 6º de Primaria socio da ANPA.
2) Alumnado de 6º de Primaria non socio da ANPA.
3) Alumnado de 5º de Primaria socio da ANPA
4) Alumnado de 5º de Primaria non socio da ANPA

As sesións serán dúas á semana de 45 minútos, en función dás solicitudes.

Para poder realizar a activiade o minimo de alumnado será de 10 nenos/as.

Comezo da actividades o 1 de marzo do 2021

PREZO:

SOCIOS ANPA:   GRATUITO
NON SOCIOS ANPA: 10,00€/MES

 

Inscrición aqui