ACTA DA ASEMBLEA DA ANPA DO CEIP “VALLE INCLÁN” CELEBRADA O DÍA 07-06-2016.

Lugar: Comedor do CEIP VALLE INCLÁN

Hora de comezo: 16:15 horas en segunda convocatoria.

Asistentes: 43

PUNTOS TRATADOS según a orde do día:

  1. Curso 2016-2017:

– Banco de libros: apróbase o envío dunha nota informativa que incluirá o formulario de doazón para o banco de libros da ANPA, e a convocatoria dunha reunión coa dirección do centro e os pais/nais o vindeiro día 14-06-2016. Establécese unha convocatoria ás 16:00 horas para os cursos 2º, 4º e 6º e ás 17:00 para 3º e 5º de Primaria.

– Comedor: aprobación do formulario de solicitude de praza para o vindeiro curso 2016/17, que se realizará a través de páxina web da ANPA (ou presencialmente no local da mesma), e establécense as seguintes normas e prazos:

  1. A) – RENOVACIÓN DE PRAZA DOS USUARIOS DO CURSO 2015/16.

                Prazo de inscripción, do 10 o 16 de xuño

  • Facer a solicitude na web ou no local da ANPA en prazo.
  • Cubrir o impreso da orde de domiciliación bancaria no prazo que se estableza (informaráse no formulario de inscripción)

 

(De non facer ningún destes puntos o alumnado quedará excluído, incorporándose o final da lista de espera según a letra do apelido establecida pola Consellería de Educación para admisión do alumnado en centros públicos (letra He)

  1. B) – PUBLICACIÓN DE LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

                Publicaránse na páxina web e nos taboleiros do colexio a partir do 17 de xuño

  1. C) – NOVOS USUARIOS DO SERVIZO DO COMEDO PARA O CURSO 2016/17

Prazo de inscripción do 20 ó 30 de xuño

1.- Facer a solicitude na web ou no local da ANPA en prazo.

2.-Cubrir o impreso da orde de domiciliación bancaria no prazo que se estableza (informaráse no formulario de inscripción)

(De non facer ningún destes puntos o alumnado quedará excluído, incorporándose o final da lista de espera según a letra do apelido establecida pola Consellería de Educación para admisión do alumnado en centros públicos (letra He)

 

Facúltase a Xunta Directiva da ANPA, a establecer os prazos de listas provisionais, definitívas e períodos de reclamación.

Apróbanse a orde  de admisión no servizo de comedor tanto para o alumnado novo como do que xa era usuario:

 

Orde de admisión:

1.- Alumnos que xa utilizarón este servizo no curso anterior

  1. Alumnos que teñen outro irmán facendo uso de servizo no curso 2015/16
  2. Alumnos do curso 2015/16 que fixeran inscripción e non fosen admitidos.
  3. Letra do apelido establecida pola Consellería de Educación para admisión do alumnado en centros públicos (He)

 

2.- Aprobación das contas.

– Expónse o estado de contas do curso 2015/16 ata a data de 19 de maio de 2016 según documento anexo. Procendendo a continuación a votación e aprobación das mesmas por unanimidade.

Quedando pendente a presentación do estado de contas dende o 20 de maio ata 12 de setembro de 2016 para a próxima asemblea.

  1. RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA:

-Rematado o proceso de presentación de candidaturas para formar parte da xunta directiva da ANPA, según os Estatutos da mesma, os compoñentes serán:

– Manuel Muñiz Mallo.

– Eva Candales Hermida.

– Carlos Aymerich Cano.

– Montserrat Díaz Suárez

 

Sen máis temas que tratar, levantase sesión ás 18:00 horas.

 

En Perillo, a 7 de xuño de 2016

Asdo.: Carlos Aymerich Cano

Secretario da ANPA do CEIP “Valle Inclán”.

 

 

acta-anpa-2016-06-07