ACTA DA ASEMBLEA DA ANPA DO CEIP “VALLE INCLÁN” CELEBRADA O DÍA 07-06-2016.
Lugar: Comedor do CEIP VALLE INCLÁN
Hora de comezo: 16:15 horas en segunda convocatoria.
Asistentes: 13
PUNTOS TRATADOS según a orde do día:
1. Curso 2016-2017:
– Banco de libros: apróbase o envío dunha nota informativa que incluirá o formulario de doazón para o banco de libros da ANPA, e a convocatoria dunha reunión coa dirección do centro e os pais/nais o vindeiro día 14-06-2016. Establécese unha convocatoria ás 16:00 horas para os cursos 2º, 4º e 6º e ás 17:00 para 3º e 5º de Primaria.
– Comedor: aprobación do formulario de solicitude de praza para o vindeiro curso 2016/17, que se realizará a través de páxina web da ANPA (ou presencialmente no local da mesma), e establécense as seguintes normas e prazos:
A) – RENOVACIÓN DE PRAZA DOS USUARIOS DO CURSO 2015/16.
Prazo de inscripción, do 10 o 16 de xuño
1- Facer a solicitude na web ou no local da ANPA en prazo.
2- Cubrir o impreso da orde de domiciliación bancaria no prazo que se estableza (informaráse no formulario de inscripción)
(De non facer ningún destes puntos o alumnado quedará excluído, incorporándose o final da lista de espera según a letra do apelido establecida pola Consellería de Educación para admisión do alumnado en centros públicos (letra He)
B) – PUBLICACIÓN DE LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS
Publicaránse na páxina web e nos taboleiros do colexio a partir do 17 de xuño
C) – NOVOS USUARIOS DO SERVIZO DO COMEDO PARA O CURSO 2016/17
Prazo de inscripción do 20 ó 30 de xuño
1.- Facer a solicitude na web ou no local da ANPA en prazo.
2.-Cubrir o impreso da orde de domiciliación bancaria no prazo que se estableza (informaráse no formulario de inscripción)
(De non facer ningún destes puntos o alumnado quedará excluído, incorporándose o final da lista de espera según a letra do apelido establecida pola Consellería de Educación para admisión do alumnado en centros públicos (letra He)
Facúltase a Xunta Directiva da ANPA, a establecer os prazos de listas provisionais, definitívas e períodos de reclamación.
Apróbanse a orde de admisión no servizo de comedor tanto para o alumnado novo como do que xa era usuario:
Orde de admisión:
1.- Alumnos que xa utilizarón este servizo no curso anterior
2. Alumnos que teñen outro irmán facendo uso de servizo no curso 2015/16
3. Alumnos do curso 2015/16 que fixeran inscripción e non fosen admitidos.
4. Letra do apelido establecida pola Consellería de Educación para admisión do alumnado en centros públicos (He)
2.- Aprobación das contas.
– Expónse o estado de contas do curso 2015/16 ata a data de 19 de maio de 2016 según documento anexo. Procendendo a continuación a votación e aprobación das mesmas por unanimidade.
Quedando pendente a presentación do estado de contas dende o 20 de maio ata 12 de setembro de 2016 para a próxima asemblea.
3. RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA:
-Rematado o proceso de presentación de candidaturas para formar parte da xunta directiva da ANPA, según os Estatutos da mesma, os compoñentes serán:
– Manuel Muñiz Mallo.
– Eva Candales Hermida.
– Carlos Aymerich Cano.
– Montserrat Díaz Suárez
Sen máis temas que tratar, levantase sesión ás 18:00 horas.
En Perillo, a 7 de xuño de 2016
Asdo.: Carlos Aymerich Cano
Secretario da ANPA do CEIP “Valle Inclán”.

 

 

acta-anpa-2016-06-07