Ante as últimas noticias publicadas en diferentes medios de prensa, así como na páxina oficial do Concello, queremos aclarar, por se as mesmas puideran ocasionar algún tipo de dúbida, que o servicio de comedor está garantido para o curso que ven nas mesmas instalacións que ata agora estamos a utilizar.
    Así mesmo, dicirvos que se está a facer un comedor novo, que segundo o compromiso da Xefatura Territorial, terá un desenrolo en varias etapas. Acometerán nun primeiro momento un espacio adicado a comensais e nun segundo o remate do edificio, incluíndo a parte da cociña.
Como ben sabedes vimos demandando unha instalación axeitada ó uso de comedor dende hai longo tempo. Gostarianos que o mesmo fose realizado nunha soa actuación, pero tamén somos conscientes de que, ainda que soe a resignación, é mellor telo en dúas veces que non telo. De tódolos xeitos, dende eiquí emprazamos ás diferentes administracións a se poñer dacordo, e se precisan da nosa axuda, que conten con ela. Quizais así teñamos a instalación nun só prazo.