Estimadas familias:

Este ano como sabedes tivemos que pospoñer a acampada en dúas ocasións por cuestións meteorolóxicas. Despois de ter unha xuntanza coa dirección do colexio e atendendo ás directrices do claustro de profesorado (datas próximas aos exames finais, excursións propias que realiza o centro…) vímonos na obriga de facer a acampada os días: luns 27, martes 28 e mércores 29 de xuño, cambiando a estrutura horaria e de actividades, quedando o horario do seguinte xeito: LUNS 27 con entrada ás 09:00h e saída MÉRCORES 29 ás 18:00h.

Dado que incrementamos o número de horas e polo tanto temos que engadir unha comida e unha merenda o prezo tamén se incrementa, quedando para as familias socias en 25 euros máis e para as non socias en 30 euros. O prezo final será para as familias socias 65 euros e para as familias non socias 105 euros.

O alumnado que queira darse de baixa e polo tanto non participar desta actividade, debe comunicalo e deberá pasar a recoller os cartos pola oficina da ANPA o xoves 2, venres 3 ou luns 6 de xuño de 16:00 a 18:00h.

Aquelas familias que queiran gozar desta actividade poden pagar a diferenza nos días establecidos para facer o pago, que son: o luns 13, martes 14 e mércores 15 de xuño de 16:00 a 18:00h sen ter que facer novamente a inscrición que se manda novamente de xeito masivo a todo o alumnado.

Moitas grazas e un saúdo,

A Anpa Valle Inclán.