Coa entrada do mes de Maio e do bo tempo, teremos de novo a acampada interna para tódolos cursos. Será os días 22, 23 e 24 de Maio (dende as 6 da tarde do día 22 ata as 3:30 da tarde do 24), pero en caso de que a predicción metereolóxica non sexa favorable, intentaríamos pasala a outra semana con previo aviso. A maioría das actividades e a noite, pasarémola dentro do recinto, facendo diversos xogos, senderismo, veladas…+
O custo da actividade será de 40€ para socios da A.P.A. e de 75€ para os non socios.
O prazo para a inscripción é o 11,12 e 13 de maio, e para facela teredes que acudir á A.N.P.A cos cartos no horario de atención ó publico (de 16:15 a 18:00) e recoller o resto da información, así como cubrir os impresos necesarios. As prazas están limitadas a 60 (preferencia en orde de inscripción e os socios da ANPA)
* Para calquer información adicional, chamade ó teléfono 881 96 59 03 no horario de atención ó público.
*Publicación lista admitidos na web/facebook e no taboleiro do cole o día 15 pola tarde.
Perillo, a 8 de maio do 2015

 

Acampada 2015