A Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o día 5 de novembro de 2014, concedeu á nosa ANPA a cantidade de 31.945,03 euros, en concepto de actividades extraescolares: predeportes, xadrez I, plástica e debuxo I, teatro I, xogos e movemento, premanualidades, iniciación baile moderno, informática-internet I, xadrez II, fútbol sala II, english club II, plástica e debuxo II, patinaxe iniciación, fútbol sala I, teatro II, iudo, baloncesto, patinaxe artística, voleibol, informática-internet II, iniciación deportes de loita, multiaventuras, baile moderno II, english club I, aula estudio e coordinación actividades.