Estamos encantados de poder invitarvos un ano máis a que veñades e participedes da “Festa de Clausura das Actividades Extraescolares” o próximo venres 19 de xuño. Teremos exhibicións de varias actividades, exposicións, demostracións de loita, merenda organizada polo alumnado de 6o, churrascada….

Os nenos de educación infantil terán que asistir acompañados por unha persoa adulta.
Os alumnos que participen nalgunha exhibición estarán 15 min antes, como mínimo, no lugar da actuación.

Resumo dos horarios e das actividades da festa:

1. PISTA POLIDEPORTIVA*
– PATINAXE 1o,2o,3o: 16:00>16:15 – PATINAXE 4o,5o,6o: 16:15>16:30

2. PABILLÓN

– INIC. A DXT LOITA E YUDO 16:30>16:45 – BAILE MODERNO 1o,2o y,3o: 16:45>16:50 – BAILE MODERNO 4o,5o y,6o: 16:50>16:55

3. USOS MÚLTIPLES

– TEATRO 1o,2o,3o: 17:15>17:30 – TEATRO 4o,5o,6o: 17:30>17:45 – ENGLISH CLUB: 17:00>17:10

4. PATIO CUBERTO

– MERENDA: A PARTIR DAS 17:30

ACTIVIDADES CON EXHIBICIÓN NA FESTA: Patinaxe 1º2º3º, patinaxe 4º5º6º, baile moderno 1º2º3º, baile moderno 4º5º6º, teatro 1º2º3º, teatro 4º5º6º, deportes de loita e iudo (estes últimos terán que estar no pabillón ás 16:15 co seu judogui)

Sen máis, despedímonos de vós esperando a vosa asistencia e que pasedes unha agradable xornada.

*NOTA BANCO DE LIBROS: este curso dende a ANPA non se xestionará o banco de libros dado que o vindeiro ano cambiaranse todos os libros de texto

Perillo, a 17 de xuño de 2015

Toda a info no seguinte enlace:

Fiesta fin de curso 15